Reglas do Go
O go, chamado weiqi en China e baduk en Corea, xógase situando pedras (go ishi) sobre as interseccións dun taboleiro (goban) de 19x19 liñas. Tamén se usan taboleiros de 9x9 ou 13x13, normalmente para partidas de curta duración ou de aprendizaxe. No caso do taboleiro estandar de 19x19, o número de pedras é de 181 para as negras e 180 para as brancas.
O xogo iníciase co taboleiro vacío (a menos que se xogue con handicap).
O obxectivo é acadar máis territorio que o adversario, considerándose territorio cada intersección. Para isto, negro e branco xogan alternativamente situando as súas pedras nas interseccións valeiras.
Unha pedra ou cadea de pedras pode ser capturada se o adversario a priva das súas liberdades. Considérase liberdade cada unha das interseccións vacías adxacentes que están na mesma liña horizontal ou vertical. Considérase cadea a dúas ou más pedras adxacentes na mesma horizontal ou vertical. Unha vez capturadas, retíranse do xogo ata o final da partida, en que se usarán para o conteo.
Por exemplo, nesta imaxe as negras capturarían pedras brancas xogando en A, B, C, D ou E.

Non se permite o suicidio, esto é, colocar unha pedra de tal xeito que dita pedra ou cadea de pedras propias queden sen libertades, a menos que dese xeito se capture algunha pedra ou cadea de pedras do adversario.
Está prohibido repetir unha posición no taboleiro. Isto coñécese como regla do infinito (ko) e serve para que situacións coma a da imaxe de embaixo non se repitan incesantemente: se Negro captura a pedra branca, Branco non pode recapturar porque se repetiría a posición anterior. Polo tanto vése obrigado a xogar noutro lugar.
Por exemplo, en este diagrama, se as brancas capturan xogando en A, as negras non poden volver a capturar en B, porque se repetiría a posición no taboleiro. Deben xogar antes en outro sitio antes de intentalo; o mesmo sucede en C e D. Pero a situación en E e F é distinta. Se as brancas xogan en E capturando dúas pedras, as negras sí poderían xogar en F, porque a posición no taboleiro non sería a mesma.

O xogo termina cando un dos xogadores abandona ou ambos pasan consecutivamente, non vendo unha xogada que lles outorgue unha ganancia de territorio ou unha perda para o adversario.
Ó longo do tempo constatouse que as negras teñen certa avantaxe polo feito de comezar a partida. É por isto que as brancas reciben unha compensación en puntos chamada komi.

0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio