Perdedor rabioso
Utagawa Kuniyoshi creou cara 1835 a serie Genji kumo ukiyo-e awase con 60 ilustraciones basadas no Genji Monogarari, un gran clásico da literatura nipona.
No gravado correspondente ó primeiro capítulo, vemos a Hatakeyama Shigetada sentado baixo unha cerdeira, abanico en man, ante un goban. O autor conxela o momento en que as pedras están esparexidas polo chan e caendo do taboleiro, supoño que froito do enfado dalgún rival derrotado.

Outra imaxe, algo máis grande pero tamén borrosa, aquí.
Shigetada foi un xeneral de alto rango que viveu entre 1164 e 1205 e loitou a favor de Minamoto no Yoritomo. Á morte de este, converteuse en titor ou conselleiro do seu fillo, o príncipe Yoriie, quen, como o personaxe de Genji, era culto e moi propenso ós praceres.

Etiquetas: O go na arte

0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio